Igualdade da Deputación impulsa en Boiro e Noia obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais

05 Xullo 2024

Este venres 5 de xullo arrinca no concello de Val do Dubra, na Asociación AVANTE, o primeiro dos obradoiros para a detección de violencias sexuais, impulsados pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña que dirixe a outense Soledad Agra. As actividades desenvolveranse en 10 centros de atención a persoas con discapacidade da provincia da Coruña. Tras o deste venres, espallaranse polos concellos de Noia, Cee, Narón, Ortigueira, Oleiros, Ames, Boiro, Betanzos e Boimorto.

Cada obradoiro terá unha duración mínima de 2 horas e os contidos e metodoloxía estarán adaptados ás necesidades específicas de cada grupo, propiciando a participación activa das persoas usuarias.

Durante as sesións abordaranse contidos para a identificación e prevención das violencias dixitais, poñendo o foco en conceptos como a vixilancia, o control, o ciberacoso ou a sextorsión. De xeito transversal tamén se aproximarán á importancia da seguridade e do bo uso da tecnoloxía para cuestións básicas da vida cotiá.

Os talleres están enfocados “dende a perspectiva da redución de danos e diminución de riscos”, explicaron fontes da Área de Igualdade, engadindo que entre os obxectivos concretos figuran achegar información sobre posíbeis ameazas do mundo virtual (como pode ser a perda de control da propia imaxe) pero tamén abordarán cuestións en positivo sobre como facer un bo uso das novas tecnoloxías para o auto coidado. Farase fincapé na importancia de pedir axuda cando sexa necesario e de ter coñecementos sobre que tipo de actos son delitivos para saber identificalos.

Os obradoiros están impartidos por Verónica Ramilo Graña, traballadora social, sexóloga e fotógrafa que colabora en proxectos especializados en sexualidade e diversidade intelectual.

Próximos obradoiros

Os obradoiros celebraranse nas seguintes datas:

• 5 de xullo: AVANTE (Val do Dubra)

• 8 de xullo: Asociación Misela (Noia)

• 9 de xullo: AMARAI (Boimorto)

• 11 de xullo: ASPADEX (Cee)

• 16 de xullo: Asociación Nuestra Señora de Chamorro (Narón)

• 18 de xullo: ASPROMOR (Ortigueira)

• 19 de xullo: ASPADISOL (Oleiros)

Datas por confirmar: entidades de Ames, Boiro e Betanzos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

Es una buena noticia. Descienden los suicidios. Hace muchísimos años se creó un periódico, que había decido contar solo buenas noticas, su vida en el mercado fue efímera, parece que la gente no necesita conocer buenas noticas, tira más el morbo de lo trágico. La buena...

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...