Este venres 2 de agosto arrincan as Festas do Araño

30 Xullo 2024

Esta fin de semana (a primeira fin de semana de agosto) vaise celebrar a edición 2024 das Festas de Araño, organizadas pola comisión local de festas (da Asociación Cultural A Carballeira de Baia) co apoio do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Comezan o venres 2 de agosto, día adicado á Virxe do Carme, cunha sesión vermú de gaiteiros a cargo de Buxaina e pola noite cunha verbena na que actuarán Charlestón Big Band (a partir das 23.00 horas), e Discoteca Móbil Chocolate.

Na xornada do sábado 3 de agosto, día do Santísimo Sacramento, haberá ruadas a cargo da Banda de Gaitas Buxaina, un partido de fútbol no Pouso (Araño contra Buía, ás 19.30 horas), e unha verbena nocturna a cargo da Orquestra Gran Parada, e a Discoteca Móbil Plan B.

O domingo comezará cunha nova ruada de Buxaina, misas cantadas (polo Coro San Vicente de Cespón), unha sesión vermú coa Charanga Santa Compaña, inchábeis pola tarde para a rapazada (Arañolandia a partir das 18.30 horas) e música polo serán con Faíscas da Pontraga e Tanto Nos Ten.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...