Daniel Bravo recupera o pasado de Ribeira nunha colección de imaxes inéditas do seu avó (no Museo do Gravado de Artes a partir deste venres)

28 Xullo 2024

O Museo do Gravado de Artes va dar acollida en agosto á inauguración dunha mostra que documenta e recupera a Ribeira das primeiras décadas do século pasado, a través dunha destacada serie de imaxes inéditas da cidade realizadas por Manuel Cores García e recuperadas, a través dos negativos de cristal conservadas polo seu neto, o historiador, escritor e investigador carreirán Daniel Bravo Cores.

A mostra Unha estampa de Ribeira a comezos do século XX (1900-1930) abrirase ao público este venres, 2 de agosto, ás 20.30 h na sala 2 do Museo do Gravado. Contarase coa presenza de Bravo Cores, o alcalde Luís Pérez Barral e o director do Museo, Pastor Rodríguez, entre outros persoeiros da política local e da cultura. A colección poderá contemplarse entre o 2 de agosto e o 14 de setembro.

Unha historia recuperada

Como dixemos, a exposición mostra as fotografías inéditas da cidade de Ribeira realizadas por Manuel Cores García, recuperadas a través dos negativos de cristal conservadas polo seu neto o historiador Daniel Bravo Cores. As instantáneas, tomadas aproximadamente entre 1901 e 1930, o que nos leva, de xeito imprevisto, “a poder ter novas imaxes dun pasado da cidade que se foi esvaecendo co tempo e que é xa só lembranza nos libros e nas imaxes”, explica Pastor Rodríguez dende o Museo do Gravado, engadindo que coa recuperación destas fotografías “logramos conectar con escenas doutro tempo que son o alicerce da Ribeira actual”, pudendo o espectador contemplar unha carpintaría dos anos vinte, unha panorámica de Ribeira dende A Insua, escenas de costumes, retratos de ribeiráns doutra época, as feiras de gando, o concello vello, o orfeón, os equipos de fútbol…

Con todo, o Museo fai saber que se “algo nos abraia hoxe son as fotografías dos defuntos para o recordo, un ritual de memoria do exánime, do que xa non é”.

E engádese na ficha da presentación da mostra: “A fotografía permite inmortalizar lugares, obxectos e persoas, mais tamén, dalgún xeito, converte o mundo en fastasmagoría, en dificultoso diálogo entre o presente e o que xa quizais non existe. Dános a un tempo un camiñar ao pasado e unha estrañeza perante o que xa non está no noso presente. Presenza e ausencia, memoria común e do común, un elo na cadea da historia local que nos permite comprender mellor os nosos devanceiros”.

Esta colección vai acompañada neste caso cunha introdución de Daniel Bravo e un limiar de Ciprián Rivas para nos situar na época histórica das fotografías: a xustiza, a situación social, a política, a economía, a demografría… Unha síntese perfecta para entender o pasado de Ribeira, o pasado común que nos trae ata hoxe.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.