CONGALSA, empresa especializada en alimentación de produtos do mar con sede na Pobra do Caramiñal, reforza a súa estratexia internacional estreitando lazos coa principal asociación de empresarios de Portugal, AEP Associaçao Empresarial de Portugal.

Deste xeito, a directora de Relacións Externas, Isabel Cañas, e o director xeneral de Sulpasteis, Ricardo Alves, mantiveron un encontro con Miguel Matos, director de Relacións Institucionais da Asociación de Empresarios de Portugal, na que se falou de vías de colaboración entre ambas as entidades e pecharon unha visita da asociación á planta de Sulpasteis no mes de setembro.
Este encontro enmárcase nunha serie de accións co obxectivo de xerar sinerxías que proporcionen unha maior visibilidade internacional.




