Comezaron as obras para humanizar a praza do Concello en Outes

18 Xullo 2024

Esta terceira semana de xullo comezaron as obras para a humanización e mellora da praza do Concello, en Outes, obras impulsadas polo Goberno local. O obxectivo, segundo sinalaron fontes do Consistorio, “é recuperarmos un espazo central do casco urbano para o uso e desfrute da veciñanza, mellorar a conexión co paseo fluvial, a accesibilidade e a beleza da contorna”. Coa finalidade de ilustrar á cidadanía sobre o cometido das obras, o Concello compartiu un pequeno audiovisual nas redes sociais. Trátase dunha actuación orzamentada en 210.000 euros e obtivo financiamento a través do Plan de Sustentabilidade Turística da Ría de Muros e Noia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...