Comeza en Noia unha xira de capacitación dixital de persoas maiores por 20 localidades

12 Xullo 2024

A presentación do Enredando Tour 2024 celebrouse este 12 de xullo en Noia, localidade na que se realizaron os primeiros obradoiros desta edición cuxo principal obxectivo é “reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxías ás persoas maiores de 55 anos”. O vicepresidente de Cruz Vermella en Galicia, Andrés Ríos, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, e a responsábel da Unidade de Innovación de Cruz Vermella en Galicia, Trini de Lorenzo, foron as persoas encargadas de dar a coñecer os detalles e novidades desta iniciativa.

Para promover a capacitación dixital dos participantes cóntase cunha furgoneta superequipada con todos os dispositivos necesarios (portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes…) e móntase un espazo formativo itinerante nun lugar céntrico de cada localidade para favorecer a participación das persoas maiores que viven nela. O tour arrancou na Alameda de Noia e durante os meses de xullo, agosto e setembro recorrerá outras 19 localidades galegas.

A iniciativa cumpre dous obxectivos primordiais. Por unha banda, que as persoas maiores non fiquen fóra do mundo dixital e gocen de todas as súas vantaxes, e por outra banda, que o feito de vivir en pobos ou zonas rurais non supoña unha desvantaxe para elas.

Esta actividade é froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella en Galicia, que se uniron por segundo ano para facer esta xira e este programa formativo en competencias dixitais pola nosa comunidade autónoma.

Enredando

Enredando comezou no ano 2020 a súa andaina para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

Os obradoiros son impartidos por persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e desenvolveranse polas mañás en horario de 10 a 14 horas. Neles ofrécense contidos formativos que faciliten o achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá. “O máis importante é que o colectivo de maiores lle perda o medo ás novas tecnoloxías e que desenvolva habilidades básicas para avanzar e aprender a navegar por Internet, ter unha conta de correo, enviar mensaxes ou facer videochamadas”, informou a Cruz Vermella.

Ademais, nesta edición incorporáronse novos contidos para que os maiores tamén se familiaricen con aplicacións que empregan Intelixencia Artificial e con conceptos como a realidade inmersiva (para o que poderán probar lentes de realidade virtual). Por outra banda, realizaranse sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e a ciberseguridade, que serán en horario de tarde, de 17 a 18:30 horas.

Localidades e sorteos especiais

O roteiro empezou este 12 de xullo en Noia e continuará polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra facendo paradas nas seguintes localidades: Padrón, Ponteceso, Oleiros, Curtis, Castro de Rei, Becerreá, Samos, O Incio, Abadín, Cartelle, O Irixo, Pereiro de Aguiar, Viana do Bolo, Monterrei, Marín, Moaña, A Estrada, Ponteareas e Mondariz.

En cada unha das localidades realizarase un sorteo especial dun portátil ou unha tableta entre os participantes dos obradoiros. As persoas interesadas nas actividades de Enredando Tour poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.

No espazo das formacións daráselles o apoio dixital que necesiten e se quedan con dúbidas ou queren realizar algunha consulta, teñen a opción de recibir asesoramento a través da web enredando.gal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.