Belén do Campo e José Ramón Romero reúnense para afianzar colaboracións en sustentabilidade, transporte, vivenda e rehabilitación

17 Xullo 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo este mércores 17 de xullo un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Na reunión repasaron os proxectos e axudas da Xunta no concello boirense e abordaron temas relacionados coas infraestruturas, sanidade, saneamento, educación e cultura. Analizaron as demandas do concello e coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentábel dos municipios galegos.

Na reunión a delegada informou ao rexedor da orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de 2,4 M€ para axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmóbeis para a súa posterior rehabilitación. Segundo lle comunicou, trátase da convocatoria para este ano 2024 dunha nova orde de axudas do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído destes municipios. O obxectivo deste Fondo de cooperación, engadiu, “é facilitar que os concellos acometan actuacións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación, como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio en aras de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que podan dispoñer dunha vivenda digna e axeitada”.

A delegada e o alcalde coincidiron na proposta de que o Concello de Boiro se presente a esta convocatoria, que ten o prazo aberto ata o 31 de outubro, para continuar coas obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns.

No encontro a delegada explicou ao alcalde os pasos previstos para a nova licitación para o transporte público na comarca do Barbanza, que, segundo dixo, “require da resolución previa do contrato coa concesionaria”. Engadiu que as previsión é que se faga de mutuo acordo e prevendo a continuidade da actual empresa na explotación ata a implantación do novo contrato. Deberá tamén elaborarse un novo anteproxecto de explotación, que será sometido a información pública e audiencia aos concellos para ser logo autorizado polo Consello da Xunta. O alcalde trasladou á delegada a súa satisfacción por esta medida, da que tivo coñecemento nun encontro o pasado 4 de xullo co Conselleiro de  Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o pasado 4 de xullo.

A actuación busca garantir a prestación do servizo segundo as demandas e necesidades das persoas usuarias, detectadas a través do labor de seguimento que está a realizar a Xunta. Con ela dáselle ademais cumprimento ao acordo parlamentario adoptado por unanimidade na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos o pasado novembro, no que se instaba ao Goberno galego a utilizar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas administrativas para a mellora na prestación do seu servizo público na comarca do Barbanza.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.