Ángeles Vázquez presenta en Portosín a guía autonómica de boas prácticas para o deseño das terrazas

05 Xullo 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acudiu este venres 5 de xullo a Portosín (Porto do Son) a presentar a estratexia da Xunta a prol da integración paisaxística das terrazas hostaleiras en espazos públicos, unha estratexia que inclúe unha guía de boas prácticas que achega solucións e recomendacións de deseño “co obxectivo de fortalecer os valores das nosas contornas e aproveitar de forma sustentábel os recursos de lecer que nos ofrece”. Na presentación da guía estivo acompañado, entre outras personalidades locais, polo alcalde Luis Oujo. A conselleira dixo que esta publicación pretende “servir de axuda ás administracións municipais e ao sector hostaleiro de cara a buscar unha certa homoxeneidade destes espazos de lecer e a súa concordancia coa contorna”.

A guía, que tamén está dispoñíbel en formato dixital, avalíanse tanto os criterios de distribución das terrazas nos distintos espazos como en relación ás peculiaridades dos diferentes tipos de lugares públicos que existen.

Segundo salientou a conselleira, “os criterios deben adaptarse ás contornas nas que se localizan as terrazas porque non implica o mesmo que estean nun centro histórico, na beira do mar ou nun espazo natural”.

O documento abrangue cuestións como o deseño do mobiliario; a súa utilización como soporte publicitario; a incorporación de elementos de división ou protección fronte ao vento ou a chuvia, ou a inclusión de plataformas, tarimas ou peches.

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, fixo fincapé que se propón que, na elección de mobiliario, se teña en conta a pegada ecolóxica dos materiais utilizados para a súa fabricación. Deste xeito, recoméndase optar polo uso de materiais de orixe natural (madeira procedente de bosques xestionados de forma sostíbel) ou reciclados: plásticos ou metais reciclados.

A conselleira puxo en valor “o bo facer e compromiso” do sector hostaleiro coa integración na paisaxe e na contorna. De feito, co obxectivo de que a guía presentada fose o máis participada posible, ademais de abrir un trámite de consulta pública, celebrouse unha rolda de reunións e de consultas tanto con representantes do sector como das grandes empresas distribuídas da nosa Comunidade. “Todas as achegas e suxestións recibidas permitiron enriquecer o contido desta guía e facilitarán a súa implementación posterior”, concluíu Ángeles Vázquez.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, puxo en valor esta iniciativa para reforzar “a calidade que define xa ao destino galego e no que levamos tempo traballando”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.