Ana Peleteiro gaña o Campionato de España coa ollada posta en París

01 Xullo 2024

A destacada atleta española Ana Peleteiro volveu a brillar ao proclamarse campiona na última competencia de triplo salto. O seu impresionante desempeño consolidou a súa posición como unha das mellores deportistas do mundo nesta disciplina.

Dominou con claridade a proba de triplo salto cunha mellor marca de 14,27 e acadou o sétimo galardón ao aire libre

Peleteiro, oriúnda de Ribeira, Galicia, demostrou unha vez máis o seu excepcional talento e dedicación ao deporte.

A última cita antes de afrontar os Xogos Olímpicos de París eran os Campionatos de España ao aire libre. Alí estivo a galega Ana Peleteiro como unha das estrelas da primeira xornada gañando o sétimo título e dominando con man de ferro a proba. 

A marca non foi a mellor, pero faltaba a tensión competitiva que haberá en apenas un mes en París. O salto máis longo foi o derradeiro, con 14.27, lonxe dos 14,75 que acadou hai unhas semanas no Europeo de Roma. Nos Xogos terá unha grande oportunidade de repetir medalla en as dúas atletas que a acompañaron no podio hai tres anos en Toquio; a venezolana Aguilar e a portuguesa Mamona.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.