ACADAR e o Concello do Son favorecerán a igualdade e a inserción das mulleres con discapacidade

10 Xullo 2024

A Asociación ACADAR (Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia) e o Concello de Porto do Son impulsan de xeito conxunto, este verán, unha nova edición do Programa Enrédate de obradoiros grupais e individuais dirixidos á poboación feminina con diversidades funcionais e cognitivas e en risco de exclusión e vulnerabilidade.

O obxectivo deste servizo gratuíto é promover accións a prol da igualdade abordando temáticas como a autoestima, a xestión emocional, a sexualidade, as habilidades sociais ou a prevención de violencias machistas. O programa desenvolverase os días 8, 10, 12, 15, 17 e 19 de xullo no Centro de Interpretación do Castro de Baroña. As inscricións están abertas na Área de Benestar Social ou no 673 142 212.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.