A Xunta comeza esta semana as obras de mellora do firme na AC-303 (en Ribeira) e da AC-550 (en Outes)

27 Xullo 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas inicia este luns 29 de xullo as obras de mellora do firme en varios treitos da estrada AC-303, ao seu paso polo concello de Ribeira. Esta actuación forma parte forma parte do contrato de acondicionamento do firme en 7 estradas de titularidade autonómicas que transcorren por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€.

Baixo este contrato, que conta cun prazo de execución de 6 meses, o obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das vías de titularidade da Xunta AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes.

As tarefas de rehabilitación do firme levaranse a cabo, neste comezo, no treito da estrada AC-303, comprendido entre os seus puntos quilométricos 3+500 e 5+700. Segundo o programa inicial, estes traballos de rehabilitación da capa de rodaxe levaranse a cabo durante as xornadas do luns 29 e o martes 30, no percorrido desta vía polo municipio de Ribeira.

A partir do mércores, día 31 de xullo, as obras de acondicionamento do firme proseguirán pola AC-550, entre os seus quilómetros 60+200 e 68+000, xa no concello de Outes.

Para minimiza a incidencia na circulación, durante estas obras haberá corte de carril no punto en que se traballe, e darase tráfico alternativo polo outro carril.

As intervención deste contrato consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións.

As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

A estrada AC-303 ao seu paso por Olveira de Arriba

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.