A literatura, a saúde mental e a ciberseguridade centran os novos cursos do Campus do Saber de Noia

26 Xullo 2024

Noia vai acoller en agosto novas actividades formativas do seu Campus do Emprendemento e do Saber, unha iniciativa de ensino para persoas maiores impulsada por FUNDEHSGA e o Concello noiés (co apoio das tres universidades galegas e a Xunta) que este verán incluíu cursos sobre as funcións básicas do cerebro, sobre saúde dixital e ciberseguridade para persoas maiores ou sobre os 40 anos de autonomía galega, entre outras cuestións. A esta axenda, da que dimos conta polo miúdo os días pasados neste medio, cómpre engadir en agosto tres novas xornadas do Campus do Emprendemento e do Saber. Abordarán a literatura e os medios de comunicación en Galicia, a saúde mental e o deporte e os novos desafíos en materia de protección tecnolóxica contra os ataques e as principais ameazas.

No primeiro curso, previsto para o sábado tres de agosto, analizarase a Literatura e os medios de comunicación na Galicia de hoxe, o 3 de agosto ás 10.00 horas, da man do profesor da USC Armando Requeixo.

O martes 13 será a quenda da Saúde mental e o deporte, que inclúe varios relatorios e unha mesa redonda na que, ademais do director do curso, Joaquín Dosil participará o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, e demais relatores.

A axenda remata o día 20 cun curso sobre os Novos retos e avances en ciberseguridade da man de Luis Alamancos, director do gabinete especializado en dereito tecnolóxico Inpeval, a partir das 10.00 horas.

Todas estas actividades desenvolveranse no Casino de Noia.

As persoas interesadas en participar en calquera destas xornadas poden inscribirse a través do enderezo educacionnoia@gmail.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.