Colle impulso o Campus do Saber de Noia con obradoiros sobre neurociencia (esta finde), ciberseguridade e envellecemento activo

07 Xullo 2022

Estes días, entre este xoves 7 de xullo e o sábado 9, celébrase en Noia a actividade formativa Neurociencia, educación e desenvolvemento, abeirada ao Campus do Emprendemento e do Saber de Noia (unha iniciativa de ensino para persoas maiores impulsada por FUNDEHSGA e o Concello). Os obxectivos desta proposta en concreto son dar a coñecer as funcións básicas do cerebro, así como os programas máis eficaces para a estimulación e a rehabilitación da atención, da aprendizaxe e da memoria. Tamén se busca mostrar ante as persoas asistentes a implicación da neurociencia nas intelixencias e os problemas para o seu desenvolvemento. O curso será impartido polos profesores e investigadores Cecilia Otero Dadín, Carlos Valiente Barroso e Lourdes Martínez Pérez.

O programa de cursos do Campus de Noia complétase cunha manchea de actividades que engadir á axenda. Así, amais do obradoiro sobre deporte e saúde mental que se celebrou a finais de xuño, da man do profesor da Uvigo Joaquín Dosil, o programa inclúe un curso sobre saúde dixital e ciberseguridade (destinado a garantir as navegacións seguras das persoas maiores e coa finalidade de evitarlles riscos e ameazas e asegurarlles un uso produtivo, rendíbel e produtivo das novas tecnoloxías) impartido por Guillermo Cánovas, director de EducaLike, do que se se confirmará en datas vindeiras os días concretos nos que se vai desenvolver; un curso sobre os 40 anos de autonomía galega, impartido os días 22 e 23 de xullo por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC; o obradoiro Noia, a Horta da Ría, impartido os días 11, 12 e 13 de agosto por Adelo Freire, secretario da Confraría de Pescadores de San Bartolomé; un curso sobre Envellecemento activo, achegado os días 18, 19 e 20 de agosto por Fernando Lino Vázquez (catedrático da USC); un curso sobre Criminalística forense e metodoloxías do CSI impartido os días 29, 30 e 31 de agosto por Luis Alamancos Pampín, director do Gabinete Pericial INPEVAL; e un obradoiro sobre O legado xacobeo na ría da Estrela: o Portus Apostoli e o Camiño de Santiago, dirixido por Concha Allut (técnica de Cultura do Concello de Noia). Este último curso impartirase os días 1 e 2 de setembro.

Lugares de celebración

Casa da Cultura de Noia

Casino de Noia

Coliseo Noela

Aula de formación da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia

O programa

Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro Noia acolle unha gran variedade de cursos e xornadas, que “van desde o tratamento de tópicos de sempre, pero que seguen preocupando á sociedade, como outros máis novos que van marcar a nosa vida durante os vindeiros anos”, explican dende a organización (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia e Concello de Noia), engadindo que se trata “dunha excelente oportunidade para poder combinar un tempo de lecer nun dos currunchos máis fermosos de Galicia, co desexo de saber e de seguir mellorando no ámbito en que cada un desenvolva a súa actividade”.

Os cursos, de temática variada, abranguen desde o deporte e a saúde mental ata o Camiño de Santiago, pasando polo envellecemento activo ou a criminalística forense. Os oito cursos, impartidos por expertos en cada área, terán lugar entre os meses de xuño e setembro.

A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDEHSGA) e o Concello de Noia organizan este evento en colaboración coas tres universidades galegas e a Xunta de Galicia (a través de departamentos como a Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Outros artigos

“Galicia decide”. 18 febreiro eleccións Autonómicas

2,2 millóns de galegos están chamados este domingo a votar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia en preto de 4.000 mesas repartidas por arredor de 2.400 locais electorais. O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a 2.693.633 persoas xa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...