O vindeiro sábado 15 de xuño ás 20:00 h. a academia KitisKatis Dance Class, coa colaboración do Concello de Noia, volve organizar o seu Festival Benéfico, co fin de recadar fondos para contribuír á investigación en enfermidades raras, a través da Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva – ASPOH e FundAME
As entradas estarán á venda nos próximos días na conserxería do Liceo de Noia, onde terá lugar o evento.
O festival, segundo fixeron saber a presentación membros da academia e máis do Concello de Noia, será unha homenaxe nostálxica á música que nos acompañou nas pasadas décadas. De feito desenvolverase baixo o epígrafe Aqueles Marabillosos Anos 70, 80 e 90.
Nas edicións anteriores KitisKatis foi quen de superar os 1.000 euros de recadación en cada convocatoria.




