A Concellería de Turismo de Noia achegou un completo programa de andainas turístico-culturais para este verán, a desenvolver durante os meses de xullo e agosto: visitas polo centro histórico de Noia, teatralizadas e patrimoniais que nos permitirán coñecer mellor os tesouros da vila e o concello. Inclúense percorridos polo casco histórico con Iria Caamaño (xoves e venres ás 12h), visitas teatralizadas con Serafín Marcos (sábado 13 de xullo, mércores 31 de xullo e sábado 10 de agosto ás 12h), visitas patrimoniais coa Noia Sancosmeira (domingo 14 de xullo e 18 de agosto ás 12h), unha ruta polo mar e a montaña de 14 km (domingo 7 de xullo e sábado 3 de agosto), unha ruta cara a aldea de Xei (10 quilómetros, o sábado 27 de xullo e domingo 18 de agosto) e unha ruta pola costa (de 12 quilómetros, sábado 31 de agosto). As camiñadas terán o seu punto de partida no Consistorio de Noia. Establécese un máximo de 30 persoas. Máis información na Oficina de Turismo a través do 981 821 598 ou turismoconcellodenoia@gmail.com.




