Tanto Nos Ten (TNT) actúa este sábado en Bustelo (Laíño) no marco da celebración do San Xoán

21 Xuño 2024

Outro dos puntos quentes desta festividade de San Xoán será o núcleo de Bustelo, na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, onde a festa do lume acada un significado especial (debido, precisamente, ao santo que lle dá nome á parroquia). A cita será este sábado 22 a partir das 21.00 da noite, no Campo da Festa. O prazo forte da celebración será o concerto de Tanto Nos Ten (polas súas siglas TNT), que forma parte do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Tanto Nos Ten, TNT, é un grupo que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país. TNT engade a esta proposta pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominan “música tradicional furtiva”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.