Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

24 Xuño 2024

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago, destacado filme galego (éxito de público e de crítica) onde Susana interpreta o papel de Carme. O Concello lanzou un convite á veciñanza para que asista e participe no acto de recoñecemento “da nosa querida veciña”.

Susana Sampedro é unha das actrices galegas máis destacadas do panorama audiovisual actual. Compaxina as súas facetas de actriz en televisión e cinema (Matria, O Faro, Serramoura, Fariña…) e en teatro (Invisibles, Idiota,…) coas súas facetas de cantante e actriz de dobraxe. Tamén colabora no estudo de formación actoral de Fernando Tato Adestramento Actoral.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.