Ribeira celebra en xullo un curso da USC sobre os principais retos da preservación do galego

12 Xuño 2024

Ribeira vai acoller esta tempada, entre o 8 e o 10 de xullo, un curso de verán da Universidade de Santiago centrado nos grandes retos futuros da nosa lingua. A actividade foi dada a coñecer este mércores 12 de xuño polo alcalde, Luís Pérez Barral e o director do curso Xosé Luís Regueira, catedrático da USC, membro da RAG e membro do ILG (Instituto da Lingua Galega). Insistiron ambos na importancia desta nova colaboración entre a USC e o Concello poñendo o foco nos recursos axeitados para afrontar o desafío da preservación do galego e “no determinante que resulta poder asistir a convocatorias coma esta para ter unha visión contemporánea e crítica da realidade”. Lembraron tamén que o prazo de matrícula remata o día 28 de xuño, e animaron a participación.

O curso desenvolverase baixo o epígrafe A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras. Baixo a dirección dos catedráticos da USC e membros da RAG Xosé Luís Regueira e Henrique Monteagudo achegará un escenario para o debate, o coñecemento e a análise dalgúns dos desafíos máis relevantes que debe enfrontar a lingua galega na actualidade e no futuro próximo, como a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital e a situación creada pola presenza de poboacións migrantes con diferentes linguas e culturas. Ademais de describir a situación actual, o foco do curso estará na discusión das necesidades e nas estratexias para poder atendelas.

O Concello de Ribeira co-financia o curso nunha aposta pola extensión do coñecemento e máis a ampliación das colaboracións que tan frutíferas están a ser coa USC, no tempo do inverno o IV Ciclo, e agora a Universidade de Verán.

O atractivo do tempo do verán leva o curso a ter accións prácticas nas tardes. Unha visita á illa de Sálvora, na que Quico Cadaval acompañará o alumnado cunha sesión de narración oral, unha ruta literaria por Ribeira, ou a visita ao Museo do Gravado de Artes serán os momentos de reflexión e de gozo da riqueza en patrimonio natural e cultural do concello.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...