Finalmente o pleno de Noia acordou reclamar, a proposta da Marea, unha estación Inspección Técnica de Vehículos (ITV) fixa. O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, defendeu a proposta en base ao número de vehículos na comarca a necesidades de que a Consellería de Economía instale un servizo de inspeccións de vehículos. Asegurou que “as estación máis próximas están a 30 minutos de Noia, o que pon en evidencia a necesidades de achegar estes servizos á localidade”
Asegurou que boa parte de Porto do Son, Lousame, Outes, Mazaricos, Muros e incluso Brión e Rois poderían verse beneficiados da instalación deste servizos na nosa localidade.
Seijas comentou tamén que “Noia precisa converterse nun concello con servizos que creen emprego para que sexa un bo sitio para vivir”. A última estación fixa que non se instalou nunha gran poboación foi en Baio, onde comentan dende a Marea, o apoio social foi fundamental para que a Xunta autorizase a instalación da mesma.




