Outes homenaxea a Manuel Otero, loitador pola liberdade na 2ª Guerra Mundial e falecido no Desembarco de Normandía

07 Xuño 2024

Este xoves 6 de xuño celebrouse no Cemiterio Parroquial de San Xoán de Sabardes, no Freixo (Outes), unha homenaxe a Manuel Otero Martínez, nado en Catasueiro en 1916 e falecido hai 80 anos no Desembarco de Normandía, logo de ter emigrado aos Estados Unidos na súa mocidade para enrolarse máis tarde no Exército de país. Foi o único galego e español que participou no acontecemento histórico que virou o rumbo da Segunda Guerra Mundial a favor dos aliados e en contra do fascismo. A homenaxe veu da man da Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets, co apoio dos familiares de Manuel Otero, o Concello de Outes e a Deputación da Coruña. Participaron o alcalde Manuel González e máis o presidente da entidade provincial, Valentín González.

O Concello de Outes publicou unha reportaxe fotográfica do tributo a Manuel Otero nas redes sociais.

Como dixemos, o acto foi organizado pola Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets, que recuperou do esquecemento hai unha década a historia de Manuel Otero, cuxo nome figura nun monólito erixido na praia de Omaha que o recoñece como o único español morto en Normandía.

A investigación iniciouse no ano 2013, cando unha sobriña de Manuel Otero púxose en contacto co Museo Militar da Coruña para pedir información sobre o seu tío, de quen aseguraba que falecera o “Día D” como membro do exército estadounidense.

Quen queira saber máis detalles da vida de Manuel Otero pode atopalos na extensa reportaxe publicada antonte por este mesmo medio, Obarbanza.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.