Os maiores do Araño aprenderon a tirar proveito dos novos dispositivos móbiles

02 Xuño 2024

O Centro Cultural da Capela (Araño) acolleu a semana pasada unha nova sesión dos obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Rianxo, ao abeiro do seu acordo de colaboración recente coa Asociación Cibervoluntarios.

Nestes obradoiros, gratuítos para a veciñanza, as persoas asistentes aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vídeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na Rede.

Estas actividades formativas impartiranse esta tempada en todas as parroquias do concello de Rianxo da man de Asociación Cibervoluntarios e do Concello. O primeiro obradoiro celebrouse os días 24 e 25 de abril, na parroquia de Isorna. A seguinte quenda foi como dixemos en Leiro, os días 2 e 3 de maio. O 15 e o 16 de maio, en horario de tarde, celebrouse o obradoiro de Taragoña; e o 29 e o 30 de maio o de Araño. Os días 12 e o 13 de xuño as actividades retomaranse en Asados; e o 26 e o 27 de xuño en Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.