O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade) organiza na recta final de xuño unha acción formativa está dirixida a persoas coidadoras e cidadanía en xeral que pon o foco nos hábitos nutricionais e terapéuticos saudábeis para persoas con deterioro cognitivo. Trátase do curso Alimentación e medicación de persoas con demencia, de seis horas de duración. Celebrarase os días 25 e 26 de xuño de 16.30h a 19.30, na sede do Viveiro de Empresas de Porto do Son. A sesión correrá a cargo de Ana Isabel Calvo Pérez (enfermeira referente en feridas do SERGAS. D.X. de Asistencia Sanitaria) e Uxía Rodríguez Lavandeira (Dietista – Nutricionista).
As inscricións poden facerse a través do correo maria.santos.lemina@portodoson.gal.




