O proxecto de recuperación do “Monumento o Sagrado Corazón” de Ribeira en marcha

29 Xuño 2024
1964 Monumento Sagrado Corazón de Xesús. Ribeira. riveira.eu

O cumprírse os 60 anos da consagración do “Monumento O Sagrado Corazón de Xesús” en Santa Uxía de Ribeira, a parroquia iniciou a posta en marcha dun ambicioso proxecto de recuperación da zona.

Actualmente o edificio inaugurado o 28 de xuño de 1964, coincidindo co centenario da consagración do templo parroquial, presenta un estado bastante deteriorado froito do seu escaso uso, somentes un par de veces o ano, e de quedar rodeado de edificios máis altos que o ocultan e aillan do resto da cidade. Como consecuencia a zona presenta un aspecto bastante obscuro e o edificio un estado ruinoso en algunas zonas.

O proxecto foi ben acollido polo Arcebispado de Santiago, e a parroquia para a realización das melloras previstas creou xa unha comisión económica encargada de conseguilos fondos e supervisalo proxecto.

O lugar, unha finca duns 700 metros cadrados sería reformada e saneada destacando o aspecto de zona verde, construíndose un columbario para os católicos, crentes doutras relixións e non crentes, todo iso nunha zona axardinada que daría luminosidade a contorna,o que permitiría o mantemento da zona e do edificio.

Asemesmo a torre no que se ubica o Sagrado Corazón e a capela, duns 20 metros de alto, sería dotada dunha escalinata que permitiría acceder á parte superior da imaxe e que ofrecería unhas vistas espectaculares de toda a comarca e a ría. O proxecto parroquial está en marcha e esperase que vaia adiante a curto prazo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.