Este venres 28 de xuño o “Monumento” de Ribeira cumpre sesenta anos da súa Consagración. Unha urxente recuperación

27 Xuño 2024

Un dos edificios máis emblemáticos da parroquia e á vez menos coñecido, é o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús. O crecemento da cidade fixo que quedara illado en medio de edificios que o encaixaron perdendo parte da súa espectacularidade. Iso unido o paso do tempo amosa un progresivo deterioro do templo que necesita de xeito urxente un arranxo, xa que a súa estrutura empeza a presentar graves danos que o poñen en perigo estrutural. A parroquia está a facer un estudio das alternativas a ese centro relixioso que permitiría a súa recuperación e incluso potenciaría o seu uso, pero para iso é necesario o apoio da comunidade católica e das administracións que permitiron a súa construcción hai 60 anos. Xosé María Fernández Pazos. Cronista Oficial de Ribeira 

19640628 Xornada inaugural do Monumento trala Consagración. riveira.eu. Arquivo Joferpa

O proxecto

Corría o ano 1958 cando se retomaba o proxecto de construción do templo que anos antes propuxeran un grupo de fieis. Aquela primeira iniciativa era modificar a estrutura da igrexa parroquial actual desprazando a fachada do templo oito metros á fronte incluídas as torres. Isto permitiría gañar máis espazo á vez que facilitaría a realización do ambicioso proxecto.  

Esta proposta inicial estaba supeditada ás axudas estatais, doutras institucións e ás achegas dos fieis de Santa Uxía e da propia diocese compostelá.

Pasado o tempo en xaneiro dese ano decídese modificar a localización inicial do templo. É entón cando o párroco, don Juan Bautista Boo Romero, propón que se acepten uns terreos ofrecidos por unha familia local. O lugar elixido para a construción estaba situado ao noroeste da cidade, preto da Igrexa e do novo camposanto. Estaría sobre un cerro o que facía que o futuro edificio adquirise unha imaxe impresionante, sobre todo polas noites, cando quedaba iluminado espectacularmente e era visible desde boa parte da costa e do mar, ao non existir edificios máis altos ao seu ao redor.

A construción

En febreiro de 1961 retómase o proxecto dada a proximidade do primeiro centenario da Consagración de la Iglesia Parroquial que tería lugar tres anos despois. O edificio constaría de tres partes. A primeira o pedestal onde se aloxaría unha pequena capela cun pequeno altar. Sobre ela descansaría o piar que serviría para elevar e soster a imaxe e por último a propia imaxe do Sacro Corazón de Xesús.

19640628 Comitiva presidida polo cardeal Quiroga Palacios e os sacerdotees de Ribeira e a comarca trala bendición do Monumento. riveira.eu Arquivo Joferpa

O proxecto sería deseñado por Antonio Tenreiro Rodríguez, un dos máis destacados arquitectos galegos da primeira metade do século XX e ao que se deben edificios emblemáticos principalmente da cidade da Coruña, da que foi arquitecto municipal. Hai que lembrar que o bosquexo orixinal da edificación tería como base un debuxo feito por don Manuel Boo Álvarez, obreiro de Talleres O Nervión”, que con todo non se levaría a cabo. 

A torre sobre a que se situaría a imaxe, estaría coroada por unha escultura do Sagrado Corazón de dous metros e medio de altura, e sería realizada polo artista santiagués, José Aldrey, autor tamén do Paso de Xesús no horto das oliveiras. Representaría a Cristo cos brazos abertos situado sobre un pedestal, unha imaxe que ocuparía unha estrutura dunha altura equivalente a catro pisos.

Aos seus pés unha cripta para o culto que acolle hoxe os restos de don Juan Bautista Boo, naquel momento o párroco da época na que se fixo a construción e un dos máximos apoios da iniciativa. A proposta de Josefa Santos, alma mater daquel proxecto, realizaríase unha colecta popular para a que se creou a “Asociación do Sagrado Corazón de Xesús”. O templo sería edificado no terreo doado á Igrexa por Manuel Picher, e a obra seria realizada pola empresa Obrascon que investiu case tres anos en terminala.

Este templo sería consagrado o domingo 28 de xuño de 1964 polo cardeal, Fernando Quiroga Palacios, xusto o ano en que se cumpriría o centenario da igrexa parroquial.

O Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús está situado nunha zona de pouco máis de 700 metros cadrados de superficie na que convive unha escalinata con zonas verdes e nas que hai varios cipreses e palmeiras. Co tempo a construción de edificios ao seu ao redor engurrou a que era a edificación máis alta de Santa Uxía, quedando hoxe rodeado de estruturas que apenas permiten ver o templo, ata o punto de que é un dos edificios menos coñecidos da cidade.

A pouca operatividade como centro de culto debido ás súas reducidas dimensións, abocaron ao Monumento ao seu case esquecemento onde apenas se realizan actividades relixiosas limitadas a dúas festas ao ano. Agora con novos proxectos en marcha por parte da Parroquia de Santa Uxía, parece que o templo e o seu espazo pode recuperalo seu esplendor, pero para iso se necesita a colaboración de todos.  Fotos:  Arquivo Xosé.M. Fdez. Pazos

1964 Vista xeral do Monumento. riveira.eu Arquivo Joferpa

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...