O Programa Integrado de Emprego de Amicos aumenta un 25% a inserción laboral de mulleres en situación de vulnerabilidade

17 Xuño 2024

A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos fixo balance da cuarta edición do Programa Integrado de Emprego da Asociación Amicos, que, segundo indicou a entidade, “rompeu os récords acadados en anos anteriores”. En concreto, as técnicas que coordinan o programa, Andrea Beiro e Cristina Coto, conseguiron un novo fito para a inserción sociolaboral das mulleres na comarca acadando as 105 insercións sociolaborais durante o mes de maio, superando nun 24% ás edicións anteriores.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) desenvolvido pola entidade conta con 100 prazas dirixidas a mulleres desempregadas con ou sen discapacidade, así como mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación profesional. A iniciativa, que se desenvolverá ate novembro, enfoca a súa especialización nos sectores de comercio, atención á clientela e desenvolvemento de habilidades sociais, así como ás funcións de almacén, tanto en industria como no sector comercio.

Asemade, as participantes fórmanse e especialízanse en áreas de gran demanda laboral na zona, coma é a figura de auxiliar de produtos frescos. Esta figura pode desempeñar labores en chacinerías, carnicerías ou peixerías.

“Este ano propuxemos o PIE dende a máxima humildade, respecto e co obxectivo directo á consecución dun emprego de calidade para apoiar as vidas das cen mulleres que contan co noso traballo”, comentou Keltoi Cameán, coordinador de Orientación Laboral de Amicos.

Pola súa banda, as técnicas do programa destacaron que “tentamos sensibilizar á contorna empresarial sobre as necesidades de conciliación e de coidados de saúde mental que moitas veces requiren as participantes para unha inserción satisfactoria a longo prazo”.

Así, Amicos conseguiu que as participantes atoparan emprego en empresas coma o grupo JEALSA Rianxeira, Vegalsa-Eroski, Gadisa, Mercadona, CONGALSA, Ignacio Gonzalez Montes, Nexo ETT ou Nortempo. Sen esquecer o apoio que sempre recibe a iniciativa do pequeno e mediano comercio da zona do Barbanza.

Os Programas Integrados de Emprego están financiados pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, o que posibilita que as participantes poidan percibir unha axuda dun mínimo de dez euros por cada acción na que interveñan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...