O PIREP Local suma 9 actuacións na provincia da Coruña e unha contía de 10,1 M€

17 Xuño 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, achegouse esta mañá a Betanzos, onde xunto á alcaldesa, María Barral, e membros da Corporación municipal visitaron as obras do Mercado de Abastos da localidade e cuxo importe ascende a 1.482.081,58€. Esta actuación está na súa fase final, e realizase con cargo Liña 1 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de entidades locais (PIREP Local). Ademais de lembrar os detalles deste proxecto en concreto, debullou outras iniciativas de rehabilitación apoiadas por este programa en Ribeira, Porto do Son, Santiago, Bergondo, Ferrol, Arteixo e Cambre.

Proxecto de recuperación da Cara de Ríos en Porto do Son

A subdelegada subliñou que “no seu conxunto, a execución do programa nos distintos concellos vai a bo ritmo, tal e como pode apreciarse nesta obra de remodelación de Betanzos”, así o Goberno espera que na meirande parte dos casos os concellos cumpran cos prazos de execución previstos.

María Rivas lembrou que o PIREP Local é un Programa para a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade dos edificios de titularidade municipal. En total, 9 proxectos en 8 municipios da provincia resultaron beneficiarios da Liña 1 deste programa. Os Concellos da provincia recibiron un total de 10.149.300,30 € procedentes desta liña de axudas.

Ribeira

Rehabilitación da Casa Consistorial

2.836.394,24

Betanzos

Mercado De Abastos, Conceptualización

1.482.081,58

Porto do Son

Casa de Ríos. Museo Do Traxe. Salón De Plenos. Porto Son

241.537,50

Santiago de Compostela

Rehabilitación Integral do Complexo Deportivo de Santa Isabel

2.340.149,05

Bergondo

Rehabilitación Enerxética Sede Concello De Bergondo (Casa Consistorial)

457.015,95

Ferrol

Proxecto De Rehabilitación Integral De Local Sociocultural Da AAVV De Serantes

215.777,15

Arteixo

Rehabilitación Capela Do Balneario Para Destino A Sala Municipal Multiusos.

199.876,92

Cambre

Pavillón Polideportivo Municipal “Os Campóns”

1.591.590,00

Santiago de Compostela

Rehabilitación Integral Do Pavillón Polideportivo De Vite

979.277,91

A subdelegada tamén recordou que entre o PIREP Local e o PIREP autonómico, serán un total de 18 actuacións na provincia que en conxunto ascenden a case 20,5 M€. Estes investimentos permiten rehabilitar edificios que dan servizo á cidadanía, como son colexios, polideportivos e resto de instalacións municipais, contribuíndo a mellorar o patrimonio público e a dar cumprimento a Axenda Urbana, dixo.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.