O Noia Harp Fest convoca o III Premio Internacional de Composición Portus Apostoli

11 Xuño 2024

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, coñecido como Noia Harp Fest, vén de publicar na súa páxina web as bases da terceira convocatoria do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, certame innovador promovido polo propio evento, coa colaboración do Concello de Noia, á fin de promover a creación de obras para arpa e orquestra e ampliar, deste xeito, o repertorio actual. O galardón, que implica unha achega económica de 2.500 euros, suporá tamén a estrea da propia obra na seguinte edición do festival, que se celebra no verán de 2025.

A convocatoria do Premio Portus Apostoli está aberta até o vindeiro 23 de decembro a todas e todos os compositores de calquera nacionalidade e sen límite de idade. Un xurado internacional, conformado por arpistas e directores de orquestra de recoñecido prestixio, valorará e premiará as creacións, nas que se terán en conta, entre outros aspectos, a proposta creativa; o tratamento da técnica e da escritura para arpa (así como da orquestración); a coherencia, proporción e equilibrio no traballo técnico; ou o equilibrio entre dificultade e resultado musical. Ademais, o tribunal valorará positivamente aquelas obras con referencias á música ou á cultura galega.

Nas bases faise saber que “cada compositora ou compositor poderá presentar unha soa obra, que deberá ser orixinal e inédita, de xeito que non poderán participar no certame pezas creadas froito dun encargo remunerado, premiadas noutro concurso ou que fosen interpretadas anteriormente en concertos ou actos públicos”.

Engádese que a nova composición será de tema libre, deberá estar escrita para arpa e orquestra de cordas (sen medios electroacústicos) e poderá ter unha duración de entre 10 e 15 minutos. Os materiais (un arquivo comprimido coa partitura da parte de arpa e outra xeral, ademais dun ficheiro en .mp3 ou .wav) poderanse enviar até as 24 horas do 23 de decembro de 2024. Tanto a obra gañadora como a que se corresponda coa mención de honra, -ambas distinguidas por un xurado especializado- poderanse escoitar, ao vivo, na seguinte edición do Noia Harp Fest.

O luns 17 presentarase a 11ª edición do NHF

O Noia Harp Fest dará a coñecer o vindeiro luns, 17 de xuño, a programación ao completo da súa 11ª edición, que terá terá lugar do 8 ao 10 de agosto en distintos escenarios da localidade coruñesa. Figuras galegas e internacionais de diversa orixe e estilo musical, unidas pola súa vinculación á arpa, actuarán no marco dun festival singular, pois é o único dedicado a este instrumento en todo o noroeste peninsular.

A presentación do Noia Harp Fest, que conta co patrocinio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, e coa colaboración da Deputación da Coruña, será luns 17, ás 12.30 horas, no Claustro do Concello de Noia, e contará cunha pequena actuación musical ao vivo.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.