O Concello de Ribeira achega este verán novos cursos de informática para nenos e maiores

13 Xuño 2024

Este xoves 12 de xuño celebrouse no Concello de Ribeira a presentación dos Cursos do Verán do Aula CeMIT local. Na cita dos medios o concelleiro de Novas Tecnoloxías e segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, destacou a variedade e a cantidade de actividades formativas previstas para esta tempada estival, cursos que están orientados tanto a rapazada como á poboación adulta.

No mes de xullo organizaranse os seguintes cursos para nenas e nenos: Habilidades Dixitais (de 8 a 12 anos), Campamento Dixital (de 13 a 17 anos); e en agosto Informática divertida (de 8 a 12 anos), Edición de video con Davinci (de 13 a 17 anos) e Entorno de Realidade Virtual ( de 13 a 17 anos).

Por outra parte para os maiores no mes de xullo ofrecerase un curso de Iniciación á Informática e Internet, en xullo, e en agosto Informática a Nivel Medio e introdución ás RRSS.

O segundo tenente de alcalde, Franciasco Suarez-Puerta, sinalou que estes cursos da Aula CeMIT foron propostos polo Concello de Ribeira e que son de balde. Para a inscrición as persoas interesadas pódense persoas nas instalacións da Aula no barrio de Cubeliños ou ben escribir un correo á conta cemit.ribeira@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...