O Concello de Noia estrea nova páxina web

13 Xuño 2024

O Concello de Noia achegou este mes de xuño unha importante novidade en materia de comunicación e información: a nova páxina web municipal, que podemos visitar en www.concellodenoia.gal.

Trátase dunha ferramenta de utilidade para coñecer o que acontece na vila en todos os ámbitos posíbeis (cultural, turístico, social, deportivo, urbanístico, patrimonial, etc) e tamén para introducirnos na súa historia e no papel relevante que xogou e xoga a nivel comarcal, autonómico e estatal.

Segundo informou o Concello, pretendeuse que fose unha web atractiva e accesíbel, pero tamén de utilidade para veciños e visitantes, con ferramentas de relevancia como unha canle de información turística e outras envorcadas nos deportes, os servizos sociais, as obras e o urbanismo, a educación, os parques e xardíns, o comercio e a industria e a cultura-festexos. Inclúe tamén ferramentas para coñecermos a disposición do Goberno local e os recursos locais de transparencia, ademais de seccións de novas, servizos ao cidadán e trámites e xestións na sede electrónica.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...