O CEP Pilar Maestú Sierra da Pobra aproxímase á realidade de vivir con diabetes

18 Xuño 2024

Coñecer o que é a diabetes, ver e tocar un sensor e unha bomba de insulina ou ler o novo volume da colección Os Bolechas: Amigas e amigos con diabetes. A realidade sobre esta enfermidade aproximouse ao alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra na mañá do 17 de xuño da man da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), coa colaboración da Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal.

Para que toda a rapazada teña acceso á historia que narran Os Bolechas, imprimiuse o libro en láminas para expoñer na biblioteca do centro de estudos, lugar onde permanecerá ata finais de curso.

“Decidimos colaborar con esta nova iniciativa de Anedia pasando a formato de láminas o contido desta obra como ferramenta para visibilizar e sensibilizar. Unha vez máis, únense cultura e sanidade, Aquí, texto e ilustracións compleméntanse para que as crianzas comprendan mellor o día a día de quen padece esta enfermidade “, declarou a concelleira da Sanidade, Patricia Lojo.

A edil reiterou tamén o apoio da Administración local a este tipo de propostas co obxectivo de informar á cidadanía sobre diferentes doenzas. Lojo lembra que “xa tivemos na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, entre finais do mes de abril e principios de maio, a exposición fotográfica A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, que retrata as diferentes etapas desa nova senda por percorrer que se abre cando se diagnostica a diabetes. E o camiño A Orixe exerce como fío condutor.”

O relato Amigas e amigos con diabetes tamén está dispoñible na páxina web www.anedia.gal e forma parte do proxecto cultural da entidade, con financiamento da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...