O 29 de xuño celébranse no Casino de Noia as II Xornadas sobre Educación Emocional

20 Xuño 2024

O Casino de Noia vai dar acollida este vindeiro 29 de xuño á segunda edición das Xornadas sobre Educación Emocional: un encontro inspirador de debate e formación sobre diferentes recursos de utilidade para mellorar a nosa calidade de vida e a nosa relación coas persoas que nos rodean. Tamén, en palabras da organización, “para aprender a rachar coas nosas barreiras mentais e descubrir o poder do merecemento”. A xornada desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Casino de Noia. Esta sesión é gratuíta e para inscribirnos nela debemos enviar un correo a educacionnoia@gmail.com indicando o noso nome e teléfono.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.