Na firma, presentación e proclamación dos novos Estatutos de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, durante un acto que presidiu o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, díxose que o novo marco estatutario debe ser un leito que mostre o rostro dunha Iglesia samaritana.

A nova norma reguladora é a expresión dunha acción socio- caritativa innovadora que,tras seguir un camiño de elaboración verdadeiramente sinodal conducen á Cáritas Diocesana a ser unha presenza e unha voz profética que interpela á Igrexa e á sociedade: “A nosa caridade non pode ser meramente paliativa ou asistencial, senón preventiva, curativa e propositiva. Caridad é acompañar, abrir portas, ofrecer posibilidades que permitan vivir con xustiza e dignidade”, sinala o prelado compostelán.
Marco estatutario
Os Estatutos constan de 63 artigos e XI capítulos, e na súa redacción buscouse simplificar as actividades, o voluntariado, o traballo das Cáritas e a configuración do fondo dentro da Comunicación Cristiá de Bens. No texto reflíctense principios fundamentais como son identidade, misión e compromiso coa acción caritativa e pastoral no ámbito diocesano.
Principios e funcións
No texto articulado cando se mencionan os principios da entidade sinálase que dimanan do Evanxeo, a Boa Noticia de Dios encarnado en Xesucristo, amar ao teu próximo como a ti mesmo. Cítanse nesta apartado solidariedade, independencia, transparencia e redición de contas, e a sustentabilidade social, económica e ambiental.
As funcións enmárcanse como accións asistenciais e sociais, de sensibilización, e análise e denuncia das situacións de inxustiza social.
A parroquia
Destacan a importancia da parroquia como a célula fundamental de acción caritativa na estrutura destes estatutos. Neste sentido, @teniendo en cuenta a organización territorial da diocese, defínese como unidade organizativa ás Cáritas parroquiais que poden abarcar a unha única parroquia, a varias ou a unha Unidade Pastoral completa, integrando así a estrutura funcional de Caritas á da propia organización diocesana.
As Cáritas Interparroquiais quedan configuradas como organizacións funcionais que prestan servizos profesionais de apoio ás Cáritas parroquiais integradas nelas. Neste sentido destaca a vontade de ampliar e flexibilizar o acceso aos servizos especializados e profesionais das Cáritas Interparroquiais ás Cáritas parroquiais da contorna xeográfica que desexen integrarse nelas, promovendo unha maior eficacia e eficiencia na acción destes servizos.
Voluntariado
Especial mención vai destinada ao voluntariado, adecuándoo ao marco legal actual e ás consideracións de tempo e grao de participación dos voluntarios á realidade sociolóxica actual, pensando especialmente na participación do voluntariado xuvenil.
Na procura dunha maior coherencia organizativa, unificáronse os criterios de funcionamento das Comisións Permanentes e os Consellos, establecendo claridade nos procesos de toma de decisións, nomeamentos e funcionamento dos órganos pertinentes.
A misión caritativa
Na presentación lembrouse que no ano1965 o cardeal arcebispo de Santiago, monseñor Fernando Quiroga Palacios procedeu a erixir de forma oficial Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, sinalando que a entidade tiña como misión “ servir á acción caritativa e social de la Iglesia, promovendo, coordinando e instrumentando a Comunicación Cristiá de Bens entre todas as comunidades eclesiais”. No ano 1987 monseñor Antonio María Rouco Varela, asinou o decreto de aprobación dos estatutos que no ano 2007 foron renovados por monseñor Julián Barrio Barrio