Lousame convoca os Cursos de Natación 2024 (na Piscina da Silva a partir do 22 de xullo)

28 Xuño 2024

O Concello de Lousame convocou os seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 10 euros por mes e terán lugar a partir do 28 de xullo na Piscina Municipal da Silva.

Achéganse 60 prazas, repartidas en tres grupos de idade: nenos e nenas de 4 a 6 anos, que terán clase de 12:30 a 13:00 horas e de 13:00 a 13:30 horas; rapaces e rapazas de 7 a 10 anos, con sesións de 11:30 a 12:30 horas; e maiores de 11 anos, que terán clase de natación de 10:30 a 11:30 horas.

As preinscricións ábrense este 28 de xuño e fican abertas ata o 8 de xullo para persoas empadroadas en Lousame, mentres que do 9 ao 19 de xullo abrirase unha quenda para que persoas non empadroadas no municipio poidan tamén anotarse. En ambos os dous casos, a reserva de praza farase a través de Bandoticket.com e as admisións faranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información no Departamento de Deportes ou chamando ao teléfono 981 825 780.

Apertura da piscina

Por outra banda, a Piscina Municipal de Lousame abrirá as súas portas o luns 1 de xullo en horario de 15:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. As entradas e os bonos de acceso poden adquirirse na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Coma en anos anteriores, os veciños e veciñas de Lousame poden optar por abonos de tempada ou por entradas puntuais. En ambos os dous casos, os menores de 6 anos teñen a entrada de balde. No caso dos abonos de tempada, os prezos son de 15 euros (rapazada entre 7 e 15 anos e maiores de 65) e 20 euros para o resto. No caso das entradas puntuais, o prezo será de 1 euro (de 7 a 15 anos e maiores de 65) e 2 euros para os demais.

Así mesmo, o Concello de Lousame establece unha tarifa reducida para persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social e que contemplan un abono de tempada por 2 euros (rapazada entre 7 e 15 anos e maiores de 65) e de 4 euros para o resto. Unha tarifa que se aplicará previo informe dos Servizos Sociais municipais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...