O sábado chega unha fronte polo noroeste peninsular. Deste xeito, o ceo estará moi nubrado á primeira hora e con chuvias febles no interior de Galicia que se irán retirando cara o leste durante a mañá.
Durante o mediodía haberá apertura de claros e xa pola noite o ceo quedará máis cuberto na franxa atlántica con posibilidade de precipitacións. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas na metade sur. O vento soprará frouxo de compoñente norte con intervalos de moderado nas Rías Baixas.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0 a 1 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



