O claustro, o alumnado e ANPA do CEP Xosé María Brea Segade celebra este venres 40 de xuño pola tarde o seu corenta aniversario. Farao cun programa de actividades musicais, lúdicas e participativas para todas as persoas integrantes da comunidade do colexio, e tamén para a veciñanza de Taragoña e o conxunto de Rianxo. A cita comezará a partir das 16.30 horas. Ás 17.15 actuará o grupo Teatro Airiños de Asados, ás 18.00 horas haberá merenda popular, ás 19.00 actuará Fogo Fatuo e ás 20.00 Río do Anxo. De xeito complementario celebraranse xogos populares para nenos e maiores e unha visita guiada (Máis ca Leña).




