O domingo seguiremos con dominio anticiclónico e réxime de ventos do nordés. Con isto, teremos ceos despexados en xeral. As temperaturas mínimas sen cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro ascenso chegando ós 30 graos. Os ventos soprarán do nordés moderados en xeral, fortes no litoral entre Fisterra e Bares.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



