Dodro celebrou o pasado sábado 1 de xuño o Día da Bicicleta, un evento multitudinario, deportista e saudábel que chegou a súa XVIII edición. No seu transcurso, os menores de 5 anos puideron percorrer un circuíto de 600 metros. De 5 a 7 anos un de 2,5 quilómetros e os máis maiores un de 12 quilómetros.
Antes da saída a organización da quedada ciclista habilitou unha xincana coa que facer as persoas participantes un algo de quecemento. Por outra banda realizáronse varios sorteos e ao remate da ruta o alcalde, Xabier Castro, entregou o trofeo ao ciclista participante de menor idade M.G. (7 anos), e ao ciclista participante máis veterano, J.M. (76 anos).
O Concello de Dodro agradece a colaboración da Deputación da Coruña, De Protección Civil de Padrón e de Rois e do Club Ciclista Padronés.
Podemos ver as fotos da quedada no Facebook municipal.




