Clausurada en Ribeira a nova edición do IV Ciclo da USC

07 Xuño 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, participaron este venres 7 de xuño no acto de diplomatura do programa universitario de maiores IV Ciclo que impulsan a Universidade de Santiago e a Xunta. Tamén estiveron presentes no acto, celebrado no Auditorio Municipal, a secretaria xeral da USC, Dulce García Mella, e a directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira.

Durante o encontro o director xeral animou os maiores a seguir vivindo unha xubilación activa, chea de actividades e na que sacien a súa curiosidade e ganas de aprender.

O Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela é unha acción educativa regrada en conexión cos programas educativos doutros ciclos que se imparten na USC e ofrece dous títulos propios, o Diploma Sénior e o Diploma Excelsor.

O Sénior, que consta de cinco cursos, celebrou este ano por vez primeira o seu acto de diplomatura na capital do Barbanza, onde cursan os seus estudos 50 alumnas e alumnos, e ao que tamén estivo convidado o alumnado de Santiago (285 alumnos e alumnas, o de Lugo (194) e o de Vilagarcía (39).

O IV Ciclo

O IV Ciclo Universitario é unha oferta educativa da Universidade específica para estudantes maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente necesidade de formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada. O programa comezou a impartirse no curso 1997-98 e desde aquela foi aumentando exponencialmente a súa matrícula ata chegar hoxe aos milleiros de estudantes. A día de hoxe, IV Ciclo conta con seis programas distintos: Diploma Senior, Diploma Excelsor, programa de seminarios, Destacando na Ciencia, Democratización do Coñecemento e IV Ciclo itinerante.

Para a obtención do título de diplomado Sénior en IV Ciclo é necesario superar cinco cursos, nos cales se deben completar os 60 créditos da titulación. En cada curso haberá que superar un mínimo de catro materias optativas, das consideradas materias permanentes no plano de estudos, e tamén poderán cursarse até tres créditos mediante actividades complementarias recoñecidas. As persoas diplomados Sénior en IV Ciclo poderán optar á obtención do Diploma Excelsor en IV Ciclo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.