As familias do Villa de Pitanxo dan un último adeus aos 21 falecidos en Terra Nova

22 Xuño 2024

As familias dos falecidos do barco Villa de Pitanxo participaron este venres nun emotivo acto en San Xoán de Terra Nova, en Canadá, para desvelar unha placa cos nomes dos 21 mariñeiros que morreron no afundimento do pesqueiro español e unha escultura en honra da súa memoria.

Tras o acto, ao que asistiron 11 familiares dos falecidos xunto con representantes dos Gobernos de España, Galicia e a provincia de Terra Nova e Labrador, a portavoz das familias, María José de Pazo, expresou a súa emoción.

En nome das familias, De Pazo tamén expresou a súa gratitude aos canadenses polo tratamento que recibiron desde que se coñeceu a traxedia.

“E iso creou un vínculo de gratitude que será imperecedoiro. A altura dun país mídese por como trata aos seus mortos e vós tratastes e respectastes aos nosos coma se fosen vosos”, declarou.

E engadiu que tras a colocación da placa e a escultura, “San Xoán é un lugar ligado para sempre ao Villa de Pitanxo e ás súas familias”.

Pola súa banda, o embaixador de España en Canadá, Alfredo Martínez Serrano, lembrou durante o acto que os 21 falecidos eran cidadáns de España, Perú e Ghana, e destacou que todos forman parte “da mesma familia”.

“Todos foron boas persoas dedicadas ao seu traballo e ás súas familias”, engadiu o representante diplomático español.

Tanto Martínez Serrano como De Pazo agradeceron o labor dos responsables dos servizos de procura e rescate de Canadá que durante as 36 horas despois do afundimento do Villa de Pitanxo, o 15 de febreiro de 2022, tentaron rescatar aos ocupantes da embarcación a pesar das malas condicións meteorolóxicas.

Unha rosa branca por cada falecido

Durante a cerimonia, os 11 familiares que se desprazaron ata San Xoán de Terra Nova, depositaron no monumento unha rosa branca por cada un dos 21 falecidos mentres se lían os seus nomes.

Esta é a décima e última placa que as familias decidiron instalar cos nomes dos falecidos. As restantes están colocadas nas localidades en España de onde procedían os tripulantes do Villa de Pitanxo.

Posteriormente, a dotación da patrulleira española Tarifa, que transportou ata San Xoán de Terra Nova a escultura Dos Orillas, obra de Arturo Berned, e que foi doada pola Cámara de Comercio de España en Canadá, cantaron Salve Marinera, o himno oficial da Armada española.

No acto do venres tamén participaron a secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime; o secretario xeral de Pesca da Xunta, Antonio Basanta; e o director xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares, Xavier Martí.

O pesqueiro español Villa de Pitanxo afundiuse a uns 460 quilómetros ao leste de Terra Nova o 15 de febreiro de 2022 no medio dunha forte tormenta. Dos 24 tripulantes só salváronse tres persoas: o patrón, Juan Padín; o seu sobriño, o mariñeiro Eduardo Rial; e o mariñeiro de orixe ganesa Samuel Kwesi.

Dos 21 falecidos, os equipos de rescate só puideron recuperar os corpos de nove deles.

A placa e a escultura en honra dos mariñeiros do Villa de Pitanxo están instaladas no parque Harbourside de San Xoán de Terra Nova, a poucos metros do peirao, onde o 18 de febreiro chegaron os sobrevivente e os nove corpos recuperados, e á vista do Atlántico onde repousan os 12 restantes.(TVG)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...