Adxudicadas as obras para ampliar a rede de abastecemento na Casilla (Araño)

26 Xuño 2024

O Concello de Rianxo adxudicou as obras para a ampliación da rede de abastecemento de auga no lugar da Casilla (Araño). Segundo informou o alcalde Julián Bustelo, os traballos serán executados pola empresa Mecano Obras y Reformas S.L. e contan cun orzamento de 109.480€ sen impostos.

A actuación permitirá dar servizo de auga para consumo a todas as vivendas do núcleo e salvará o cruzamento da estrada autonómica a través dun topo para a conexión á rede existente.

O abastecemento da Casilla (parroquia de Araño) dende a traída municipal será posíbel grazas ás actuacións previas dende Outeiro-Taragoña. Este proxecto dará servizo a dúas ducias de vivendas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.