A Pobra dará saída a seis viaxes ao Parque Nacional da Illas Atlánticas durante o verán

10 Xuño 2024

A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para potenciar os recursos do municipio e ofrecer alternativas de lecer durante o verán deste 2024.

Segundo explicou a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, acompañada das técnicas municipais desta área, Ángeles Tubío e Sara Sánchez, “o noso slogan é A Pobra do Caramiñal, vive a experiencia…, por iso centramos gran parte da programación en accións diferenciadoras que aporten un valor engadido á estadía na localidade. Queremos que quen nos visite vexa o noso patrimonio natural, histórico e cultural, si, pero que tamén o experimente. E, ademais, apostamos por seguir achegando actividades con moita aceptación para coñecer outras paraxes naturais como é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Para tal cometido, volvemos colaborar coa empresa Piratas de Nabia para facer isto realidade. Esta é a primeira proposta que presentamos dunha heteroxénea oferta turística que terá novamente a vista posta no mar”.

As illas Cíes serán a primeira parada, no 30 de xuño; illas que tamén porán o broche de ouro a esta serie de saídas no 1 de setembro.

Tamén haberá ocasión de coñecer Sálvora no 21 de xullo e no 3 de agosto. Nesta última data vivirase a experiencia Starlight para coñecer este anaco de terra na bocana da ría da Arousa durante a tarde-noite e observa-las estrelas dun ceo sen contaminación lumínica.

E no 28 de xullo e 11 de agosto porase rumbo a Ons.

Tódalas travesías náuticas inclúen ruta guiada. Para Cíes e a Starligth de Sálvora teñen un prezo de 34 euros por persoa adulta, mentres que a Ons e a diúrna a Sálvora baixa ata os 30 euros. No que respecta a crianzas entre 4 e 12 anos, o importe a pagar sitúase nos 18 euros en tódalas viaxes.

As reservas formalizaranse a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Tamén están ao dispor os teléfonos do Departamento do Turismo para a resolución de dúbidas: 671090262 e 687482835.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...