A Escola de Música de Rianxo achega este mes de agosto cursos de trompa, saxofón, trompeta e frauta

27 Xuño 2024

A Escola de Música de Rianxo compartiu a súa axenda de Cursos de Verán para este mes de agosto 2024: unha serie de actividades formativas que teñen o obxectivo de achegar unha oferta de lecer e conciliación estival e, tamén, para preparar o terreo para futuras formacións máis extensas.

O programa inclúe un curso de trompa (o 7 e o 8 de agosto) impartido por Daniel Otero, da Filarmónica de Varsovia; un curso de frauta a cargo de Sabela Galbán, do Conservatorio de Música Profesional de Ribeira (os días 7 e 8 de agosto); un curso de saxofón impartido por Martín Castro, do Musikum de Salzburgo (os días 7 e o 8 de agosto); e un curso de trompeta, achegado por Manuel Fernández, da Orquestra Sinfónica de Galicia (os días 12 e 13 de agosto).

Quen precise máis información pode chamar ao número 671 058 555 ou enviar un correo electrónico á conta escolademusicaderianxo@gmal.com.com.

Os cursos dispoñen de dez prazas para alumnas e alumnos activas/os e para os alumnos ouvintes non hai límite de prazas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.