A Deputación inviste case 900.000 euros en 215 clubs da provincia que compiten en ámbito local, provincial ou autonómico

07 Xuño 2024

A Deputación da Coruña destina 882.977,70 euros a apoiar aos clubes deportivos da provincia con equipos ou deportistas que compiten nos ámbitos local, provincial ou autonómico.

A aprobación definitiva deste programa de subvencións de apoio ao deporte coruñés, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 215 entidades deportivas sen ánimo de lucro coruñesas de todas as disciplinas deportivas (fútbol, balonmán, xadrez, natación, natación sicronizada, atletismo, baloncesto, ciclismo, hockey, pádel, patinaxe, sendeirismo, tenis, rugby, ximnasia, golf…) que participan nas competicións máis modestas.

A Deputación da Coruña destina ademaáis outros 1.012.078 euros a apoiar aos clubes deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

Os importes subvencionados nesta convocatoria van desde os 6.500 euros aos 1.300 euros, en función do coeficiente obtido e do orzamento xustificado presentado para obter a subvención, que serán destinada a financiar os custos de participación competitiva.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, apuntou “a importancia deste tipo de axudas para apoiar ao amplísimo tecido deportivo da provincia, que fai unha labor fundamental para promocionar o deporte dende a a base”.

Este programa de subvencións súmase a outras axudas outorgadas pola Deputación, como a liña que apoia a clubes e deportistas da provincia que participan en competicións nacionais e internacionais cun millón de euros ou os 451.900 euros destinados á celebración de grandes eventos deportivos no territorio. O reparto de financiación de ambas as dúas liñas para este 2024 vén de ser aprobado nas últimas semanas. Listado de cluns con axuda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.