A comunidade da Creba participou en dúas xornadas sobre primeiros auxilios e hixiene bucodental

26 Xuño 2024

Usuarias e usuarios da Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva da nosa comarca, veñen de participar nunha serie de
actividades encaixadas dentro do Programa de Saúde para Persoas con Doenzas Mentais. Primeiramente asistiron a unha charla sobre primeiros auxilios, a cargo da Asemblea Local da Cruz Vermella de Boiro e que espertou un gran interese entre as persoas asistentes, pois aprenderon a ter unha base de como actuar ante unha urxencia sanitaria.

Por outra banda, o salón de actos do Centro Social de Boiro foi o local escollido para unha charla de hixiene bucodental, Diana Vidal, que é hixienista dental do centro de saúde emprazado no Saltiño, foi a encargada de impartir esta sesión, encaixada dentro da Rede Galega da Promoción da Saúde, da Consellería de Sanidade, e o Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia.

“Este tipo de programas melloran de xeito notábel calidade de vida das persoas que padecen as enfermidades mentais, motivo polo que seguimos apostando fortemente pola súa continuidade”, sinalaron dende A Creba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.