A Casa Real envía mensaxe de apoio aos familiares dos mariñeiros falecidos do “Villa de Pitanxo”

23 Xuño 2024

A Casa Real transmitiuo unha mensaxe de “proximidade e recoñecemento” aos familiares dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio do ‘Villa de Pitanxo’. Tal como vimos informando en “obarbanza.gal” esta semana, inaugurouse un memorial na súa honra no Porto de San Xoán, en Terranova.

“Cun emocionado recordo dos mariñeiros do Villa de Pitanxo falecidos en augas de Terranova, queremos mostrarvos a nosa proximidade e recoñecemento cando inaugurastes, coa axuda e colaboración de todos, o memorial no seu recordo no Porto de San Xoán”, sinalaron os reis Felipe VI e Letizia nun telegrama entregado aos familiares polo embaixador de España en Canadá, Alfredo Martínez Serrano.

Os familiares das vítimas viaxaron a Canadá para render homenaxe aos seus seres queridos a través de diversos actos, incluída a celebración dunha misa e a inauguración do memorial. Durante a xornada do domingo, a portavoz dos familiares, María José de Pazo, explicou que tamén se desprazaron ata Cabo Spear. Alí, nun emotivo xesto, lanzaron unha rosa branca ao mar por cada un dos falecidos e, ao unísono, pronunciaron os seus nomes.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...