Villares enxalza as posibilidades de desenvolvemento que brinda a ampliación do Museo do Mar de Noia

07 Maio 2024

O Museo do Mar de Noia recibiu este 7 de maio a visita do conselleiro Alfonso Villares, quen puido comprobar de primeira o resultado dos traballos dirixido a ampliar o inmóbel. Precisamente Villares tivo palabras para enxalzar o proceso de mellora do Museo, que “dá valor engadido á cultura e ao patrimonio mariños e á economía local”. O conselleiro do Mar estivo acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e o alcalde da localidade, Santiago Freire. Lembrar que os traballos foron impulsados polo Concello coa colaboración da Administración autonómico.

Trátase, dixo, de “revalorizar a nosa historia, a nosa terra e a nosa xente, á que temos que seguir coidando porque este pasado ten que ser parte dun futuro”; de aí, engadiu, “o Plan de Cultura Marítimo de Galicia que é pioneiro en toda Europa e que pretende unificar todas as infraestruturas que temos ao longo do noso litoral”.

Alfonso Villares sinalou que o museo de Noia “é un bo exemplo da gran función que teñen os GALP” e adiantou que “xa estamos traballando nas próximas liñas de axuda”. “Galicia é mar e esas pegadas e instalacións coma esta hai que seguir poñéndoas en valor”, concluíu.

O proxecto de ampliación permitiu aumentar o espazo expositivo e de actividades, integrando no mesmo parte da muralla medieval. O custe total foi de 665.000 euros, dos que a Consellería subvencionou o 36,3%, a través dunha axuda pública aprobada de 200.000 euros dentro da Orde pola que se establecen as bases reguladoras para o programa de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro. Ao abeiro da mesma norma, creouse un espazo interpretativo multimedia e interactivo (Noia. A Voz do Mar) que amosa o mar como eixo de identidade urbana e cultural da vila dende a súa fundación ata a actualidade, e que contribúe “a singularizar a oferta turística deste municipio”, salientou o conselleiro, lembrando que do total do orzamento do proxecto (209.058 euros) a Consellería achegou o 87,8%, a través da axuda aprobada de 183.516 euros.

Este centro complementa a oferta turístico-cultural mariña xa existente na comarca e proximidades e que ofrecen os museos etnográficos mariñeiros, por unha banda, e o museo de Laudas Gremiais e Noia, pola outra. Está xestionado pola asociación do Museo do Mar de xeito voluntario dende hai 20 anos. Na súa programación colaboran veciños de todas as idades e parte das súas instalacións tamén están centradas na relación especial da vila co Camiño de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.