Unha persoa resulta intoxicada pola inhalación de fume no incendio dunha cociña nun domicilio da rúa Francisco del Río Romero, en Boiro

23 Maio 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron avisados ao redor das 14:00 horas deste mediodía dun incendio acontecido nunha vivenda da rúa Francisco del Río Romero, no municipio de Boiro.

Na chegada ao lugar os bombeiros identifican a fonte do fume nunha tixola na que prendeu lume. A casa estaba ocupada por dúas persoas, sendo trasladada unha delas ao Hospital do Barbanza por inhalación de CO.

O operativo consistiu na ventilación da vivenda ata normalizar os datos de CO, xa que o lume fora extinguido por unha persoa que tivo acceso ao domicilio.

No operativo tamén participou a Policía Local de Boiro, o 061 e voluntarios de Protección Civil.

Outros artigos

Lume nun garaxe do núcleo de Vilaverde, no concello de Noia

A Policía Local de Noia informou dun operativo de extinción de lume levado a cabo este pasado venres 18 de abril, cando os axentes foron mobilizados por Emerxencias Galicia 112 con motivo da detección dun lume nun garaxe no núcleo de Vilaverde. Ao lugar desprazouse...

+

Portos de Galicia inicia a concesión para 174 amarres e 470 m² en Rianxo

O investimento previsto polo club náutico é de 1,7 millóns de euros e proxéctase a súa execución en dúas fases coordinadas co plan de reordenación da dársena, que inclúe a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras A Consellería do Mar, a través de Portos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...