Un home tivo que ser trasladado a bordo dun helicóptero tras caerlle unha árbore enriba en Carnota

23 Maio 2024

Malia que o ferido estivo atrapado polas pernas pola árbore, o seu estado non revestía gravidade.

Daban as 12:30 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso dun particular informando dunha persoa que estaba atrapada polas pernas por un pino. O home atopábase na aldea de Lira, situada no municipio de Carnota (A Coruña).

Axiña, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o punto para o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia.

A maiores, desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos membros do GES de Muros, dos Bombeiros de Cee, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos membros de Protección Civil.

Con todo, segundo comentan os equipos de intervención, o ferido estaba cortando pólas dun pino cando unha delas atrapouno polas pernas. Por fortuna, o ferido foi trasladado consciente e cun estado que non reviste gravidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.