Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

23 Maio 2024

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) non “dispoñen na actualidade dun só metro de chan industrial”. É por iso que reclamou ao Goberno do PP que “retome con urxencia o Parque Empresarial da Barbanza para que este proxecto sexa unha realidade á maior brevidade posíbel”.

A pobrense Rosana Pérez defendeu unha iniciativa neste sentido na Comisión 6ª do Parlamento e sinalou que as empresas precisan espazos a prezos razoábeis para seguir “aumentando a oferta de emprego e a riqueza económica da comarca e do conxunto do país”. Ademais, criticou aos deputados do PP que, segundo dixo, vetaron a iniciativa do BNG para reclamar á Xunta “todas as actuacións que sexan precisas para que o Parque Empresarial do Barbanza (PEB) sexa unha realidade á maior brevidade posíbel”.

Rosana Pérez reclamou á Xunta que reinicie o expediente expropiatorio do PEB, que ficou“varado” en 2011, e destacou que “este parque figura no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galiza, aprobado polo propio Goberno do PP no 2014”.

Na defensa da proposición non de lei rexistrada polo BNG, a deputada da Pobra insistiu na situación de “absoluta seca” de chan industrial na zona e salientou que “a día de hoxe tanto o empresariado da zona como os propios concellos reclaman poder levar a cabo ampliacións dos parques empresariais existentes para que as industrias xa asentadas poidan crecer e se poidan instalar outras novas”. De feito, agregou,” Rianxo, Boiro e A Pobra xa están dando os primeiros pasos para ampliación dos seus respectivos polígonos industriais”. No caso de Ribeira, cunha tramitación máis avanzada, “non dá conseguido o apoio de ningunha das consellerías nin departamentos da Xunta”, alegou.

Rosana Pérez lembrou ao PP que “segundo os acordado pola propia Xunta, o PEB tería que estar rematado no 2019, hai xa cinco anos, e os terreos destinados ao desenvolvemento industrial da nosa comarca continúan a monte”. Tamén denunciou,
en relación a isto, “que dende hai anos os propietarios dos terreos do chan contemplando no PEB -en torno a un millón de metros cadrados- están pagando a súa contribución como chan urbanizábel, non como rústico, que é como estaba cualificado previamente”.

E rematou: “É curioso e totalmente inxustificábel que nunha comarca dinámica industrial e economicamente, na que o solo industrial está esgotado desde hai anos, onde existe un proxecto sectorial aprobado definitivamente desde 2012 e un Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galiza aprobado en 2014, que recolle e contempla ese PEB, non se mova un dedo por parte da Xunta para desenvolvelo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...