Rianxo conmemora as Letras Galegas cun recitado poético aberto no Paseo da Ribeira, a carón do busto de Rosalía

13 Maio 2024

O Concello de Rianxo vai organizar este venres 17 de maio un recital poético aberto encadrado na celebración do Día das Letras Galegas e convocado co obxectivo de facer fronte común arredor da cultura galega. As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal. Será un acto de lembranza Rosalía de Castro (homenaxe aprazada dende o 23 de febreiro, Día de Rosalía) e un tributo ao legado literario da poeta coruñesa Luísa Villalta, celebrada este ano no Día das Letras Galegas. O acto celebrarase na praza de Padrón no Paseo da Ribeira (diante do busto de Rosalía). Será o venres ás 20.00 horas. As persoas interesadas en participar no recitado aberto, xa sexa con textos de Rosalía ou de Luísa Villalta, deberán enviar un correo electrónico ao dito enderezo coa escolla do texto e co nome da persoa participante.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.